22/09/2002 »

2ª Marcha polo Río Mero


Máis dun centenar de sendeiristas percorreron o tramo do río Mero, ao seu paso polo concello de Cambre. O grupo partíu da Ponte das Insúas e rematou a marcha na praia fluvial de Peiraio, moi perto do encoro de Cecebre.

Ao remate, no merendeiro de Peiraio (Cecebre), leuse un manifesto que propoñía manter o río no seu estado natural, amosándose en contra das obras proxectadas que supoñerian unha seria agresión e un atentado medioambiental a este privilexiado entorno natural.


« volver ao índice     


© Plataforma Río Mero Natural · mgonzalezarias1@me.com