11/01/2008 »

Paseo do río Mero


Despois de que remataran a maior parte das obras de rehabilitación do dominio público no cauce do río Mero, entre a presa de Cecebre e a desembocadura na ría do Burgo, o resultado é que quedou aberta unha enorme área natural, a ambas marxes do río, da que xa disfrutan as persoas que viven na bisbarra.

Isto non é máis que o principio, porque quedan varias obras por rematar en diversos puntos conflictivos (a Confederación Hidrográfica ten previsto actuar sobre eles nos próximos meses) e, ademáis, será necesario afrontar con seriedade e rigor a xestión deste novo espazo natural, patrimonio de todos.

Non pasaron máis que uns poucos meses e xa vemos como algúns propietarios con fincas que lindan co dominio público, vanse 'arrimando' de novo, para roubar espazo ó río, a pouquiños… a ver si ninguén se da conta…

Miles de persoas pasean a diario polas sendas do río Mero, camiñando, en bicicleta, en sillas de rodas, a cabalo… Menos mal que fai meses que non vemos -nin oímos, gracias a Deus!- as motos-cross ou os Quads facendo o parvo por un paseo pensado para as persoas sen motorizar.

Nos paseos do río Mero, escoitamos o ruido da auga, ou dos paxáros. Saudamos ás persoas que se cruzan con nós (algo insólito en calquer outro paseo público). Respiramos.

Esta foto está feita dende a ponte da estación de Cambre.



« volver ao índice     


© Plataforma Río Mero Natural · mgonzalezarias1@me.com